A Banda

Somos Andrea, Estela, Iria, Marcela e Xiana: A banda da Loba.  «Bailando as rúas», «Fábrica de luz», «Hasme oír»  e «Xabón Lagarta» son os catro traballos discográficos que temos publicados.

Este 2025 sacamos «Lovismo». O amor non foi nunca un tema especialmente tratado por nós, pero tras esta última etapa na que estivo tan presente nas nosas vidas por diversos motivos, decidimos explorar e falar sobre el e as súas múltiples formas e expresións.

Lovismo é unha declaración de amor. Un fío vermello que nos une dende o corazón.
Lovismo é un canto polos amores que son e os que non chegan a ser.
Unha aperta ás amigas que aparecen e ás que permanecen.
Un aloumiño ás lobiñas que nacen no cubil.
Un recoñecernos na man que compartimos para transitar este camiño.
Un espazo no que agroma o desexo, dende a liberdade, o tempo da seducción.
Lovismo é querernos ben. Un bico na meixela cando chove e cando o sol pecha as pálpebras.
Lovismo é o que queremos.

#Lovismo é amor e transformación. E ti, convérteste en Loba?